Pena Trevinca

Coordenadas: 42°14′34″N 6°47′46″O / 42.2427, -6.796

Pena Trevinca
Vista de Pena Trevinca.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, ZEPA
Ano de constitución: Setembro de 2006
Superficie: 24.896 ha.
Lexislación: LIC o 21 de setembro de 2006, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense[1]
Concellos: Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo[1]
Ríos: río Tera, río Camba, río Canda, río Xares, río Sanxil
Picos Pena Trevinca, Pena Negra, Pena Surbia, Pena Trevinca Norte
Direccións de interese:
Teléfonos:

Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar.[2][3][4][5][6]

Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O motivo de protección radica en constituír un ecosistema subalpino galego ben conservado.[7][8] Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra[9][10] e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", que se estende por parte da Veiga e de Seabra.

  1. 1,0 1,1 En referencia ao espazo natural declarado zona especial de conservación, ZEC, en Galicia.
  2. Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, Goberno de España (eds.). "Instituto Geológico y Minero de España - IGME". Consultado o 27/10/2017. 
  3. INEG - Laboratório Nacional de Energia e Geologia, I.P. República Portuguesa (eds.). "geoPortal". Consultado o 27/10/2017. 
  4. Montes, Alejandro Díez (2007). La geología del Dominio "Ollo de Sapo" en las Comarcas de Sanabria y Terra do Bolo. ISBN 978-84-933799-9-5. Consultado o 28/10/2017. 
  5. BOE, Goberno de España (eds.). "Real Decreto 1071/2007, de 27 de julio, por el que se regula el sistema geodésico de referencia oficial en España. «BOE» núm. 207, de 29 de agosto de 2007" (en castelá). BOE-A-2007-15822: 35986–35989. Consultado o 28/10/2017. El objeto de este real decreto es la adopción en España del sistema de referencia geodésico global, ETRS89, sustituyendo al sistema geodésico de referencia regional ED50 sobre el que actualmente se está compilando toda la cartografía oficial en el ámbito de la Península Ibérica y las Islas Baleares, y el sistema REGCAN95 en el ámbito de las Islas Canarias, permitiendo una completa integración de la cartografía oficial española con los sistemas de navegación y la cartografía de otros países europeos. [...] Se adopta el sistema ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989) como sistema de referencia geodésico oficial en España para la referenciación geográfica y cartográfica en el ámbito de la Península Ibérica y las Islas Baleares.  
  6. Algúns teñen indicado que sobre "nivel do Atlántico" a altitude sería de 2124.
  7. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Rede galega de espazos protexidos - Pena Trevinca". Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  8. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesturas. Xunta de Galicia., eds. (5 de setembro de 2012). "Resolución da secretaría xeral de calidade e avaliación ambienta pola que se aproba o documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica do plan xeral de ordenación municipal do Concello da Veiga. Documento de referencia para a AAE do PXOM do Concello da Veiga. Clave 2007AAE0245". Santiago de Compostela. 
  9. Patrimonio Natural de Castilla y León, Junta de Castilla y León (eds.). "Parque Natural Lago de Sanabria y Alrededores". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  10. Turismo de Sanabria (eds.). "Parque Natural Lago de Sanabria y Alrededores". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy